Que
pequeno é o home pero que grandes son os seus soños! soñar que un
mundo en galego é posible sen deixar de ser universal, soñar que
mozos e mozas alimentan os seus soños con verbas de noso, soñar que
non soñamos caando oímos cantar, contar, sentir, amar, berrar,
chorar e falar en galego, soñar que Ranholas nace coa paixón e
ilusión de 39 rapaces que cren que nunca hai que deixar de soñar
porque só coa forza do desexo , do orgullo e do amor do noso, o noso
soño dunha Galicia en galego se cumprirá. Velaquí a semente.
Grazas a todos vós, por facer que soñar en galego deixe de ser un soño!
Conchita Fernández
Ningún comentario:
Publicar un comentario