Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

mércores, 13 de decembro de 2017

MANUEL ÁLVAREZ, GAÑADOR DA XXXIV EDICIÓN DO CONCURSO CONSTITUCIÓN

  
PRESENTACIÓN DO CONCURSO

O meu profesor de Sociais, Pepe Cacheiro, ofreceunos aos nenos de segundo facer un traballo sobre a Constitución para participar nun concurso organizado pola Subdelegación do Goberno, que este ano foi sobre o Título VIII: “A organización territorial do Estado”.

O concurso consta de dúas partes: a dos cativos (nenos e nenas de primaria)  que consistía en facer un debuxo, e a dos máis maiores (secundaria , bacharelato e formación profesional) que tiñan que facer un traballo de entre 7 a 12 folios.

PROCESO DE TRABALLO

De alí a uns días púxenme mans a obra.

Na primeira parte redactei un pouco o que era o artigo, en que consistía, que defendía…Na segunda parte inventei un conto, escrito a man, que narraba o Título VIII dunha maneira diferente. Tamén recortei artigos de periódicos sobre Cataluña, o que sucede alí… e algúns chistes do Carrabouxo sobre o tema .

Para decoralo aínda mais, peguei bandeiriñas nas marxes das follas e fixen un debuxo do mapa de España sen Cataluña. Para rematar, decorei a portada cun lazo da  bandeira de España de tela e a contraportada cunha de Galicia.




CANDO ME ENTEREI DOS RESULTADOS??

Eu non pensaba que ía gañar (aínda que me quedara ben chulo). Pero, de alí a unhas semanas, ao saír de clase o profesor díxome q gañara. Despois entregoume unha carta, que non podía abrir ata chegar a casa, pero non puiden aguantar e abrina polo camiño.  GAÑARA.  Quedei alucinando...


Non vía o momento de contarllo a meus país...ata corrín para chegar antes a casa e dicirllo.  Fora o único afortunado do Otero Pedrayo.


O GRAN DÍA !!!!

Era 6 de Decembro, o día que ía recoller o ansiado premio que me levaría catro días a  Madrid con outros nenos que non coñecía de nada, o día en que todas as autoridades, familiares e moitas máis persoais estarían mirando como 20 nen@s recollíamos o premio. Era alucinante pero ao mesmo tempo estaba asustado.

A xente comezou a chegar. O Auditorio comezou a encherse. De pronto, pola porta vin a entrar a Marcos, un neno do meu instituto que, como algún rapaz faltou estaba el, elexido de suplente. Alegróuseme a cara cun sorriso. Así xa tiña a alguén coñecido para unha excursión tan importante.

A gala comezou coa banda de Celanova, que eran todos nen@s, tocando unhas melodías perfectas. Despois unhas imaxes sobre os incendios diste ano...Ía chegando o momento de levantarme da miña butaca. Unha moza díxome: “Manuel Álvarez Ferro? Ti es o último en saír a recoller o premio”. Naquel momento relaxeime un pouco pero aínda así estaba moi nervioso.

A cerimonia estaba rematando. Despois de Marcos ía eu. Marcos xa estaba baixando do escenario cando nunha pantalla enorme apareceu: unha das peores fotos miñas que vira na vida, o meu nome, a portada do meu traballo e unha das frases que máis lle gustara ao xurado. Estaba a punto de desmaiarme cando unha moza da Subdelegación leu o meu nome. Xa me tocaba. Darlle a man ao Subdelegado e posar para unha foto que sorprendentemente ía acabar na portada da Voz de Galicia. Baixei do escenario e soaron os himnos de España e Galicia.

A cerimonia rematou e foi o momento das felicitacións.

FELICITACIÓNS



Ao día seguinte saín na portada da Voz de Galicia e todo o mundo que non viu a cerimonia felicitoume por watsapp tanto a miña familia como amigos. Agora toca esperar ata xuño para gozar da viaxe

Ningún comentario:

Publicar un comentario