Os compañeiros do IES da Pobra do Caramiñal retoman un ano máis a inciativa 21 días co galego pretendendo coma sempre que os participantes adquiran unha maior competencia no noso idioma.
Como de costume levarase o galego a todos os aspectos da vida cotiá con diferentes actividades e temas variados.
Esta experiencia ten dous obxectivos principais:
- Un aumento do uso da lingua galega así como o seu perfeccionamento.
- Provocar unha reflexión íntima e persoal dentro dos participantes da actividade sobre o idioma galego e a nosa relación coas linguas que falamos ca un de nós.

Ningún comentario:
Publicar un comentario