Cumprido o décimo aniversario do falecemento do artista ourensán , Xaime Quessada Porto , pódese visitar a exposición «Quessada. Sociedade e represión» na Sala de Exposicións Afundación de Ourense. A exposición é una mostra da súa obra pictórica ligada sempre con Ourense e nos recorda a súa achega a historia da arte galega.
As obras mostradas nesta exposición mostran o seu compromiso social e seu sentido da solidariedade. As súas pinturas supoñen un percorrido polos acontecementos sociais e políticos que tiveron impacto durante o século XX.
A colección chamada Serie Negra inclúe obras que poderían gardar un parentesco estilístico coas pinturas dos máis grandes mestres da pintura como Goya ( Desastres de la Guerra ) ou Picasso ( Guernica). É una serie que da testemuña do vivido nos campos de concentración nazis , como o de Auschwitz ou Treblinka , o horror da Guerra Civil Española ( La Madre) e tamén da represión sufrida en Galicia e en toda España durante a etapa do franquismo (El TOP, Carabanchel ,El Garrote). Todas estas obras invítannos a reflexionar de forma negativa sobre a condición humana, capaz de crear imaxes de violencia e terror tales como as reflectidas nos óleos de Xaime Quessada.
A exposición pódese visitar ata o 4 de marzo na mencionada Sala de Exposicións Afundación (na Praza Maior). O horario é : Sábados, domingos e festivos polas mañas de 12.00 a 14.00 e polas tardes de 17.30 a 20.30 h. A entrada é totalmente de balde
Luis Miguel Trabazos Portela.

Ningún comentario:
Publicar un comentario