Unha parte importantísima da nosa cultura, son os
escritores, xa que grazas a eles podemos gozar na nosa lingua de numerosas
novelas,historias,lendas.. Pero antes non era tan doado como agora escribir en
galego. Con antes non falamos de centos de anos?????, por desgraza, todo o
mundo pensa que disto xa ha moito (por exemplo na época do Rexurdimento con
Rosalía, Curros e Pondal), Pero tristemente non ha nin medio século que
isto aínda acontecía.
Se fai especial unha lingua é a súa historia, pero que é a historia en si? A historia poderíase
dicir que é coma a memoria da vida e que sen ela hoxe non seríamos nada.
Se ha algo quedebemos destacar na lingua galega foi o seu duro pasado vista como unha lingua
minorizada e de xente inculta.
O cambio comezou co Rexurdimento pero os verdadeiros artífices na nosa lingua foi un grupo chamado Xeración Nós, formado por Vicente Risco, Castelao, Otero Pedrayo,Florentino Cuevillas e Antón Losada Diéguez, entre outros. Estes xeniosda literatura demóstrannos que o Galego non era unha lingua secundaria e de xente inculta. Ensináronnos que podía ser vista coma unha lingua protagonista e era tan boa coma o Castelán.
Nesta noticia concretamente trataremos da figura de Vicente Risco, quen foi o director
literario da revista. Vicente Risco. A parte de director da revista e escritor, tamén foi un dos teóricos que asentou as bases do nacionalismo galego.
A continuación poderemos falar con Luis Risco presidente da Fundación.
1- A fundación
Vicente Risco é a encargada de ensinarnos a importancia do grupo Nós na
historia da cultura galega como pobo. Que é o que fai en concreto a fundación
para destacar a súa importancia?
A labor da fundación é
principalmente destacar o seu pensamento e actualiza-lo
2-Nos últimos anos
estase a criticar a perda de interese na cultura por parte do goberno.
Estase a notar iso na fundación? Se é así, que lle pediría ao goberno?
Eu considero que isto si está a ocorrer por desgraza. A culpa non so é do goberno pois ó fin e o cabo o goberno so é o reflexo da sociedade. O que si podería facer e levar a cabo
algunha política de recuperación da cultura .
O verdadeiro problema radica no cambio de mentalidade e de como mudaron os nosos valores.
Vivimos nunha sociedade na que os nosos ídolos (os que queremos imitar) son
Cristiano Ronaldo ou Kiko Matamoros. A isto súmase que só buscamos a comodidade
e non pensamos por nós mesmos
3-Fai pouco saíu
publicada unha obra do porco de pé en adaptación ao galego actual. Cree vostede
que foi ben acollida polos galegos?
A verdade e que foi moi ben acollida. O que tratamos neste libro foi actualizar todo un clásico galego, tratando de fazer máis atractivo e engadíndolle unha introdución que o contextualiza pois é unha obra que ten 90 anos
4-A Fundación Vicente
Risco dedícase só a figura literaria de Risco ou tamén ao grupo Nós en xeral?
Dedícase principalmente a Vicente Risco, pero tamén o seu fillo Antón que se especializou en
Valle-Inclán e impartiu clases de profesor en Canadá logo de licenciarse en Filosofía e Letras.
5-Cree vostede que os
galegos valoramos a literatura galega? Nos últimos anos está a aumentar ou pola
contra parece que imos cara atrás?
O problema que ten a literatura galega é que estamos estancados, pero non só a literatura, en
xeral en todo
6-Parece que en Galiza pasa ao revés que en outros lugares de España e en vez de ver o bo que é
ser bilingüe e ter unha cultura única parécenos malo e case nos avergoñamos
desgrazadamente. Cree que se están a tomar medidas suficiente para evitar este
problema? Está claro que o principal problema somos nós mesmos pero, por que
nos influenciamos así?
O problema que ten o galego, e Galicia, e ese complexo de inferioridade que xa se remonta a antes do
36. Dende sempre parece que o galego é o idioma dos labregos pobres
7-Na paxina web podemos ver que a fundación coa axuda dalgúns concellos elabora uns
premios en honor a Vicente Risco. En que consisten en concreto? Sábese que teñen que ser
escritos en galego ou portugués
Hai varios concursos evarios tipos, por exemplo:
·
Ciencias Sociais:
lembrando o traballo de Vicente Risco neste ámbito
·
Creación literaria:
Dedicado sobre todo a Vicente Risco e o seu fillo Antón
·
Antón Risco:
literatura fantástica, da que era creador e estudoso
·
8-Risco tamén era
político pero cando estoupa a guerra el decide retirarse. Sabemos algo máis del
logo diso?
Risco xa se retira antes do comezo da guerra civil . O problema de Risco foron os seus ideais, xa que
non vai ser entendido nin por un bando nin por outro. A súa mentalidade era moi
madura para esa época. Foi o introdutor das vangardas na Galiza Era cristián e
conservador pero galeguista e herterodoxo, respetava todas as crenzas e
pensamentos. A súa desgraza será vivir nunha época na que ou todo é branco ou e
negro e el defende o gris. O seu ideal de partido sería o PNV
O interese polo esoterismo ven dado por unha corrente espiritual do século XX que se creou
antes da II guerra mundial. Había unha preocupación pola decadencia de
occidente e mostra unha admiración por oriente. Esta sería a causa principal
aínda que tamén lle engadimos un toque persoal
10- Por que ese interese polas lendas galegas?
Unha das moitas paixóns de Risco é recoller a tradición da Galiza para evitar que se perdan
e poder seguir gozando delas. Vai desempeñar un papel semellante o de outros
autores en outras literaturas.
Ningún comentario:
Publicar un comentario