No Paraninfo do IES Otero Pedrayo, o luns 29 de outubro ás 11.20 h.
MATRIA é unha curtametraxe sobre unha heroíña
cotiá defectuosa. Unha realidade tráxica que non ten un aparente final na
película, pois MATRIA é unha traxedia continua gravada con lume na
cotidianidade e a rutina. Ramona, a protagonista, está soa e o contexto non lle
favorece, pero non perde a esperanza, que reside na súa propia determinación e
dignidade, e no amor que lle une á súa familia. MATRIA, se pretende algo, é ser
unha película humanista, e non hai humanidade sen esperanza.
(Álvaro Gago, director de Matria)

Ningún comentario:
Publicar un comentario