Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

mércores, 16 de outubro de 2019

Outono fotográfico

OUTONO FOTOGRÁFICO: Concurso fotográfico con pé de foto en galego.




  Bases:
  • Pode participar toda a comunidade educativa do IES Otero Pedrayo, repartida en tres modalidades:
- Alumnado da ESO
- Alumnado de BAC
- Profesorado, persoal non docente, nais e pais.
  • Foto: temática outonal (paisaxe, froitos, magosto, Samaín,…)
  • Tamaño da foto impresa: 20 x 15 cm.
  • Pé de foto en galego, imprescindible e acorde coa imaxe.
  • Valórase a creatividade, estética, orixinalidade,… do conxunto formado por imaxe e texto.
  • Cada foto co seu lema correspondente, escrito a ordenador, ten que presentarse dentro dun sobre, no que debe figurar por fóra o nome do autor ou autora e o curso.
  • A entrega farase deixando o sobre coa foto nunha caixa, disposta para este fin en Conserxería.
  • Prazo de entrega remata o 30 de Novembro.
  • As fotos premiadas daranse a coñecer en Decembro e as autoras ou autores recibirán diferentes agasallos.








Ningún comentario:

Publicar un comentario