Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

xoves, 4 de novembro de 2021

PREMIOS CONCURSO DE RELATOS DE MEDO E TERROR

 

Así foi a entrega dos Premios dos contos de medo do SAMAÍN.
Moitos parabéns para os e as premiadas!
Máis imaxes nas nosas redes:  Facebook Edlg Ies Otero Pedrayo 
Instagram @rañolas dixital


 

 
 May be an image of text that says 'PREMIOS ) 25 RELATOS PRESENTADOS) 1° premio. Daniel Toro Mera 4°ESO A) polo relato Do rabo do gato. Pablo Diz 1°ESO c) polo relato canella do Budial. 2° premio. carla González Currás (1°ESO B) polo relato Tarro de marme lada. n ESPECIAIS CON REGALO PARA MENCIÓNS González velasco Bóveda (1°ESO B) polo relato Balura. Irene ESO B) polo relato unha festa de medo. Aldara Bac D) polo relato o cume de Ferreirás. Bruno Araujo vázquez González'

mércores, 27 de outubro de 2021

SAMAÍN NO OTERO PEDRAYO

 Convocado o concurso de Relatos de medo e terror do Samaín  , a resposta foi impresionante. Non damos  feito a ler nin a recompoñernos con tanta historia sanguiñolenta e terrorífica.

 Venres, 29 de novembro, no LECER  saberemos que son os premiados.

 Descrición da foto non dispoñible

luns, 18 de outubro de 2021

COMEZAMOS CURSO : SÉGUENOS NAS REDES !

   

Comezamos etapa con nova presenza nas Redes! Séguenos no Instagram e dende hoxe tamén no Facebook !
Boa semana!
 
 May be an image of text that says 'Edlg les le Otero Pedrayo nstime. @ranholas dixital'

mércores, 23 de xuño de 2021

Rañolas 20-21

Novo número da revista Rañolas.

Temos o enorme gusto de presentarvos, recén saída do prelo, o novo número de Rañolas. Non podiamos atopar mellor maneira de despedir este complicado curso. Desfrutádea!


https://issuu.com/magomenaotero/docs/ran_olas-21-dixital



Xuño na nosa biblioteca

Chega xuño e despedímonos ata o curso que vén, desde a biblioteca do noso centro.




luns, 31 de maio de 2021

Actividades en torno ao 17 M: Pintamos a Xela

 O alumnado de 1ºESO traballou na materia de Plástica sobre versos de Xela Arias. Aquí podedes ver algúns dos marabillosos resultados.






luns, 24 de maio de 2021

Actividades 17M: Movémonos polo galego.

 O alumnado de 4º ESO e 1º BAC móvese polo galego!

Despois de elaborar nas aulas un roteiro literario pola zona histórica de Ourense, puxérono en práctica a través dun xogo de orientación no que tiñan que ir descubrindo os diferentes puntos sinalados no percorrido e anotando a información de cada un deles a través dun código QR.

Actividade deseñada polo Departamento de Educación Física, Departamento de L.Galega e coa colaboración do EDLG.



venres, 21 de maio de 2021

xoves, 20 de maio de 2021

Club de ciencias

 Club de ciencias: Un pracer aportar o noso grao de area á elaboración das audioguías para a musealización do noso centro.


"VITRINA 6

Aquí atópanse moitos instrumentos utilizados no estudo físico e químico dos gases. O interese dos científicos polos gases débese a que, aínda que parecen algo inmaterial, teñen todas as propiedades da materia e interveñen de forma crucial en moitas reaccións químicas.

Entre estes obxectos, podemos ver unha marmita de Papin. A marmita de Papin é a precursora da pota a presión e foi un importante invento que trouxo enormes beneficios á industria, á medicina e á preparación de alimentos. Denis Papin deseñou este aparato para estudar os efectos da producción de vapor en recipientes pechados. Papin utilizou a marmita para cocer as verduras máis duras (como nas actuais potas a presión), para abrandar os ósos e extraerlles a xelatina que conteñen e, di a historia, que para condimentar unha exquisita sopa que repartía aos pobres.

Encontramos, tamén, diante nosa, aparatos de Física atómica, que é a rama da Física que estuda as propiedades e o comportamento dos átomos. Así, vemos uns tubos utilizados para producir raios X..."

"







Maio na biblioteca

 Mes de maio na nosa biblioteca.