Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

luns, 24 de maio de 2021

Actividades 17M: Movémonos polo galego.

 O alumnado de 4º ESO e 1º BAC móvese polo galego!

Despois de elaborar nas aulas un roteiro literario pola zona histórica de Ourense, puxérono en práctica a través dun xogo de orientación no que tiñan que ir descubrindo os diferentes puntos sinalados no percorrido e anotando a información de cada un deles a través dun código QR.

Actividade deseñada polo Departamento de Educación Física, Departamento de L.Galega e coa colaboración do EDLG.



Ningún comentario:

Publicar un comentario