Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

xoves, 20 de maio de 2021

Club de ciencias

 Club de ciencias: Un pracer aportar o noso grao de area á elaboración das audioguías para a musealización do noso centro.


"VITRINA 6

Aquí atópanse moitos instrumentos utilizados no estudo físico e químico dos gases. O interese dos científicos polos gases débese a que, aínda que parecen algo inmaterial, teñen todas as propiedades da materia e interveñen de forma crucial en moitas reaccións químicas.

Entre estes obxectos, podemos ver unha marmita de Papin. A marmita de Papin é a precursora da pota a presión e foi un importante invento que trouxo enormes beneficios á industria, á medicina e á preparación de alimentos. Denis Papin deseñou este aparato para estudar os efectos da producción de vapor en recipientes pechados. Papin utilizou a marmita para cocer as verduras máis duras (como nas actuais potas a presión), para abrandar os ósos e extraerlles a xelatina que conteñen e, di a historia, que para condimentar unha exquisita sopa que repartía aos pobres.

Encontramos, tamén, diante nosa, aparatos de Física atómica, que é a rama da Física que estuda as propiedades e o comportamento dos átomos. Así, vemos uns tubos utilizados para producir raios X..."

"







Ningún comentario:

Publicar un comentario