Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

luns, 8 de marzo de 2021

Manifesto 8M

 

MANIFESTO 8M, DÍA INTERNACIONAL DA MULLER

 

O IES Otero Pedrayo únese, un ano máis, á conmemoración do 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

No IES Otero Pedrayo, todos os días, LOITAMOS por:

Ø  Que no instituto se erradiquen os estereotipos de xénero, que están na base de toda desigualdade.

 

Ø  Que se empregue unha linguaxe inclusiva como forma de combater os prexuizos de xénero.

 

 

Ø  Que se siga formando o profesorado, familias e persoal non docente en igualdade de xénero e en educación en relación.

 

Ø  Que se visibilicen todas as datas relevantes relacionadas coa visibilidade da muller en distintos ámbitos.

 

 

Ø  Que os materiais didácticos e as metodoloxías pedagóxicas incorporen a perspectiva de xénero e visibilicen as figuras femininas que, en todos os campos tanto científicos como artísticos, foron ocultadas.

 

Ø  Que os centros educativos sexan espazos libres de violencia de xénero e violencia sexual e axuden a detectala e previla.

 

 

Ø  Que a orientación académica e profesional se leve a cabo libre de prexuizos e trazos sexistas.

 

Ø  Que se fomenten a corresponsabilidade e os coidades desde unha compoñente afectivo e relacional entre todo o alumanado.

 

A nosa loita ten un obxectivo claro. No IES Otero Pedrayo QUEREMOS:

Ø  Ser libres e que se poña fin a calquera sufrimento  cotiá en calquera ámbito e espazo vital: fogar, traballo, espazos públicos, parella, familia, entorno laboral, sociedade e institución do Estado. Queremos que haxa mudanzas culturais, en ideas, actitudes, relación e no imaxinario colectivo.

 

                                                                                       Ourense, 8 de marzo de 2021

Ningún comentario:

Publicar un comentario