Ás alumnas de 2º
BAC D encántalle a literatura e a pintura. E que mellor forma de
conxugar unha e outra que visitando unha exposición pictórica do
grande Xabier Varela sobre unha das grandes novelas clásicas da nosa
literatura. O porco de pé, de Vicente Risco.
Quedaron encantadas!
O propio Varela nos abriu a Fundación Vicente Risco, en Allariz, que
alberga a mostra e nos adentrou na casa de Don Celidonio, no café
Novelty ou mesmo chegamos a o burdel madrileñoque tan impresionado
deixara ao protagonista da novela.
Foi unha tarde
fantástica! Animádevos e ide visitala!
Máis fotos aquí
Ningún comentario:
Publicar un comentario