Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

xoves, 23 de novembro de 2017

IMOS AO TEATRO



O outro día fixemos unha saída ao auditorio. Fomos ver a obra de teatro “Bicos con Lingua”, da compañía Talía Teatro.
Nela representaban algúns dos moitos estereotipos que aínda existen sobre a lingua galega. Estaba composta por escenas nas que daban a ver estas inxustizas e pensamentos absurdos. Ademais, facían reflexionar sobre a posición social do galego e como estaba realmente normalizado na sociedade.




A obra durou máis ou menos unha hora e despois volvemos para clases.
Foi unha mañá moi divertida.

Johana Paradelo Veiga 3º ESO C
Adrián Rodas Vélez 3º ESO C

Ningún comentario:

Publicar un comentario