Empezamos
o roteiro indo ao primeiro punto, na rúa do Paseo. Alí facemos un
pequeno resumo sobre o que sabemos de Carlos Casares e despois ven a
prensa a facernos unha pequena entrevista. Despois imos ao Liceo onde
Carlos Casares ía falar con outras persoas como Xoán da Cova, o
inventor dun idioma moi divertido chamado Trampitán, agora coñecemos
o porqué do nome do bar que hai na Praza Maior! Estivemos parados un
chisco na Catedral e despois seguimos co roteiro. A seguinte parada
é o epicentro da cultura galega xa que é un pequeno triángulo
formado por tres rúas e a Praza do Ferro. Chámase así porque nos
edificios comprendidos nel viviron moitos escritores galegos
importantes como Otero Pedrayo, Vicente Risco, Blanco Amor,
Cuevillas…
Despois
estivemos falando sobre a Catedral e na Praza do Trigo, Noemí, a
nosa guía, ensinounos unha foto cunha diferenza moi curiosa entre a
catedral antiga e a que hai agora. Seguro que non a sabedes por iso
vos invitamos a comparar a foto de antes e a de agora.
Por último
fomos á Praza Maior, que é moi curiosa porque está inclinada, e
tamén nos explicou a razón que ten que ver con que así é moi
dificil que se inunde. Na Praza Maior, concretamente no espolón,
paseaban hai anos os mozos e mozas para ligar.
Foi
un roteiro moi interesante no que aprendemos moitas cousas da nosa
cidade, se tedes ocasión de facelo, non o dubidedes. Merece a pena.
http://www.farodevigo.es/portada-ourense/2017/11/22/pasos-carlos-casares/1790219.html
Antón Martín
Romero
José Blanco
Alonso

Ningún comentario:
Publicar un comentario