Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

martes, 14 de novembro de 2017

MAGOSTOS



No meu pobo (Covelo, Viana do Bolo) celebramos o magosto a fin de semana do 4 de novembro. Alí xuntámonos para cear unhas corenta persoas nunha casa que reformamos (antes era a escola do pobo e agora chamase "a casa da escola"). 
 
 
 
 
 
Entre todos compramos carne e fixémola nunha parrilla enorme, compramos bebida, empanada e ,por suposto, asamos castañas (ou bullotes, como lle chamamos alí) dos nosos castiñeiros nunha cociña de leña. 

En resumo, como todos os anos, foi unha xuntanza moi divertida con amigos, familia e veciños de toda a vida (incluso xente de moi lonxe que ven para celebralo todos xuntos) pasamos unha maravillosa cea, e inda sobrou para o día seguinte!
 
 
 
 
Laura Sobrino

Ningún comentario:

Publicar un comentario