A música é unha parte importante da vida de moitos de nós
e , a pesar de vivir en Galiza, hai moi pouca música e non coñecemos a moitos artistas ós que
escoitar. Con todo, eu atopei hai tempo xa, dous grupos de rap que compoñen e
cantan na nosa lingua. Trátase de Ezetaerre e Sondarúa.
O segundo grupo, Sondarúa, fórmano Hugo Guezeta e Alex
Arnoso da zona das Rías Baixas. Eles tamén se centran en reivindicacións do
galego e doutros temas. A min encántame o ritmo dos seus raps e ambas voces.
Resúltanme boísimos tamén.
Realmente recomendaría que os escoitásedes. Podedes mirar
algunha canción coma “ Á volta da lúa” e “ A herdanza do vento” de Ezetaerre e
“ En galego non mola” ou “Fóra” de Sondarúa. Paga moito a pena e eles fan unha
gran labor polo galego coa súa música. A ver que vos parecen!
BEATRIZ RODRÍGUEZ LAFUENTE 1ºBACH F


Ningún comentario:
Publicar un comentario