-Vas ir por letras?
Pero meniña, iso non ten futuro!
-Vas falar ti,
que non tes un duro!
-Ti mira ós avogados,
-Mellor nada
cás túas parvadas.
-Gañarás máis diñeiro,
mellor reputación.
-Pregunteiche acaso
pola túa opinión?
-Dereito filoloxía …
pensas así gañarte a vida?
-Millonaria non serei,
pero digo eu que para comer terei.
-Filosofía, filosofía …
nunca houbo tal tontería.
- Coseno, tanxente …
comeduras de cabeza que fan suspender á xente!
-Ai rapaza! Vaite por ciencias…
-Ai homiño! Non me esgote a paciencia.
IRIA MATÍAS BASTEIRO – 1ºBACH. F
Ningún comentario:
Publicar un comentario