O Museo do Mar de Vigo, emprazado xusto ao final da praia de Samil, acolle
unha exposición sobre unha das xoais da
literatura medieval, unha obra cume da literatura galega, estamos a falar do Pergamiño Vindel. Con el retrocedemos á
Galicia do século XIII, a unha época de máximo esplendor na que a nosa lírica en
galego foi o noso orgullo e causa da admiración das cortes daquel momento.
Os horarios da exposición son moi variados, de 10 a 14 h pola mañá e de 17
a 19 h pola tarde durante a semana, e de 10 a 13 h pola mañá e de 17 a 19 h na
fin de semana. Os prezos son ademais ínfimos; 3
euros os maiores e 1,50 os estudantes, parados e xubilados, o que a fai alcanzable
para todos.
Así que anímate! ven ao Museo do Mar e déixate encher pola maxia das
cantigas galego-portuguesas.
Fernando Apolinar

Ningún comentario:
Publicar un comentario