Chegou o día! O club de lectura de 3º da ESO do IES Otero
Pedrayo vai de tertulia literaria. Este ano participamos no encontro comarcal
de clubs que se celebra en Allariz, con compañeiros e compañeiras dos
institutos de Viana do Bolo, Xinzo de Limia, Ourense (A Laboral) e Allariz.
Nesta ocasión o libro escollido para comentar foi A ferida do vento, de
Ribeiro Coello. O autor acompañounos en todo momento e mostrouse amable e
cordial connosco.
Primeiro participamos nun encontro radiofónico con el, en Radio Allariz. Representantes de cada centro fomos tecendo unha entrevista, que resultou do máis interesante. Namentres, o resto dos rapaces e rapazas xuntáronse na Casa da Mocidade e comezaron a debater sobre aspectos da novela. Gustounos moito porque A ferida do vento é de carácter autobiográfico e aprendemos moito sobre Antón Ribeiro Coello.

Un
pouco máis tarde, o autor limiao e o resto de compañeiros incorporáronse á
tertulia xeral e tivemos a oportunidade de preguntarlle sobre a súa infancia,
os seus primeiros anos, a súa vila natal… Estivo xenial!
Agora
que, unha actividade en Allariz non pode pecharse sen unha visita a esta
fermosa vila. E así o fixemos. Aí van as fotos que dan fe do noso día de
tertulia literaria. Un día 10!

Ningún comentario:
Publicar un comentario