Lingua de namorar é
un concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega dirixido a todos os
mozos e mozas de 14 a 35 anos.
O obxectivo
principal de Lingua de namorar, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude,
Participación e Voluntariado e mais pola Secretaría Xeral de Política
Lingüística, é dinamizar o uso da lingua galega entre os mozos e mozas nas súas
relacións persoais e nas novas tecnoloxías, nomeadamente, na Internet e na
mensaxería instantánea
.
Características das mensaxes
Cada participante
poderá enviar un máximo de dúas mensaxes ao concurso Lingua de namorar
(extensión máxima de 350 caracteres para cada mensaxe). Estas mensaxes deberán
estar escritas en lingua galega e poderán redactarse en prosa ou en verso.
Categorías de
idade e premios
Establécense tres
premios por cada unha das categorías de idade:
Categoría A (de
14 a 19 anos):
1° Hoveboard Nilox (rodas 6,5, batería 20
km., velocidade máxima 10km/h) e unha reprodución do Pergamiño Vindel
conmemorativa da súa estadía en a Vigo en 2017 e 2018.
2° Cámara Fuji
instantánea mini 9 ( fotos 62 x 46 mm.) e unha reprodución do Pergamiño Vindel
conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
3° Auricular
Panasonic Diadema (bluetooth, 20 horas de autonomía) e unha reprodución do
Pergamiño Vindel conmemorativa do seu regreso a Vigo en 2017 e 2018.
Prazos de
participación e votación
O prazo para enviar
as mensaxes remata o luns, 29 de xaneiro na seguinte ligazón http://xuventude.xunta.es/linguadenamorar. Ademáis podedes envialas tamén ao enderezo do EDLG edlgoteropedrayo@gmail.com e subirémolas ao blog e exporémolas no taboleiro do
IES. Ademáis poderán ser publicadas na revista Rañolas.
Do 30 de xaneiro ao 2 de febreiro abrirase o
período de votación. As persoas que desexen votar polas súas mensaxes favoritas
deberán cubrir o formulario que se habilitará para o efecto.
Xurado e resolución
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.
O xurado do concurso reunirase unha vez rematado o prazo de votación e elixirá as declaracións gañadoras de entre as 50 declaracións máis votadas polos usuarios e usuarias en cada unha das categorías de idade.

Ningún comentario:
Publicar un comentario