Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

xoves, 18 de xaneiro de 2018

CONCURSO FOTOGRÁFICO ENTROIDO DE OURENSE

·        
Destinatarios: toda a comunidade educativa IES OTERO PEDRAYO

·         Temática "O Entroido".

·         Forma de participación: deberedes enviar un correo electrónico cos vosos datos (nome, apelidos e curso) ao enderezo eldgoteropedayo@gmail.com antes do 21 de febreiro. Nel, achegaredes a fotografía xunto cun texto en galego de 140 caracteres como máximo. O texto terá relación coa fotografía.
·         Cada participante poderá enviar unha fotografía-texto. Non se admitirán textos sen fotos nin fotos sen texto.

·         A organización poderá rexeitar fotografías ou textos que   considere ofensivos ou inapropiados.

·         A organización fará unha exposición coas fotografías e textos enviados no blog http://ranholasdixital.blogspot.com.es/


·         A organización difundirá cada fotografía e texto a través da conta de https://twitter.com/Ranholasdixital?lang=es e de Instagram https://www.instagram.com/ranholasdixital/?hl=es

      Un Xurado composto polos membros do EDLG nomeará aos gañadores que terán premios

·         As fotos participantes serán publicadas na revista do instituto, Rañolas


Ningún comentario:

Publicar un comentario