Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

mércores, 25 de abril de 2018

LEONARDO E OS FONTANEIROS

O pasado día xoves 18 de abril, os estudantes de 1º, 2º e 3º da ESO foron ver ao auditorio municipal unha obra de teatro ofrecida pola compañía de UBÚ Teatro, que está baseada no libro de María Victoria Moreno, escritora á que lle dedicamos este ano o día das Letras Galegas: Leonardo e os fontaneiros.


A obra trata dun neno chamado Antón ao que todos chaman Tono que atopa un can na rúa e non pode levalo para o seu fogar. Tamén trata das trasnadas que fan Tono e mais os seus compañeiros na clase. Son cousas como unha trasnada a dona Rulos, criar ratos, etc. 
 
As opinións en xeral foron boas, sobre todo porque o alumnado preferiu ver a obra de teatro que ler o libro e facer un exame sobre el.


MÓNICA DIZ RODRÍGUEZ
1ºESO A

Ningún comentario:

Publicar un comentario