Rañolas - Blog do EDLG do IES OTERO PEDRAYO

luns, 23 de abril de 2018

TEATRO GRECOLATINO


O pasado luns 9 de abril, os alumnos de 1° de Bacharelato que cursamos Literatura Universal e os de Latín fomos ó Auditorio a ver dúas obras de teatro grecolatinas. A primeira delas tivo lugar pola mañá, á que asistimos todos; e a segunda pola tarde só para os de Latín.











Ambas foron interpretadas por un grupo de teatro, Noite de Bohemia, dun instituto da Coruña. Os actores eran da nosa idade e estaban a dar unha xira por toda España.
A obra da mañá era unha traxedia, "Troianas". Falaba do papel da muller en Troia e DO que lles deparou o futuro cando rematou a guerra: as protagonista serían escravas e a obra xira en torno a isto. Á maioría gustounos moito.


Pola tarde vimos unha comedia: "Anfitrión". Esta trataba de como o deus Xúpiter se facía pasar por un heroe, Anfitrión, para deitarse coa súa muller; e froito disto era nado Hércules. A moitos resultounos demasiado longa, pero moi chistosa.

Ó rematar a primeira actuación preguntamos se podiamos entrevistar a algún dos actores, e Grial Montes, de 21 anos, dixo que a ela non lle importaba. Tiña o papel de Hécua, muller troiana, na primeira obra; e o de Sosias, escrava de Anfitrión, na segunda, ademais de coreografiar ao coro.


A entrevista foi a seguinte:
+ Como remataches formando parte deste grupo de teatro?
- A verdade é que era unha compañía do meu instituto, e eu xa tiña renegado do teatro había moitos anos. Pero os meus amigos apuntáronse, pedíronme que fose con eles, dixéronme que era moi divertido... E apunteime así un pouco para probar. Eu era bailarina, non era actriz; así que me metín para montar as coreografías do coro e para bailar como coro, e ó final acabei de Hécua. + A día de hoxe como ves o teu futuro coma actriz?
- Son actriz... Ou sexa, estou estudando iso. + E que tal a carreira? - Pois estou en primeiro e moi ben, a verdade...  Encántame a carreira, as materias... Encántame! + E desta obra que opinas? Gustouche especialmente ou hai algunha que che guste máis? - Non, a verdade é que é das miñas obras favoritas; xunto a "Vacantes", que se trouxo a Ourense hai un par de anos. Encántame lela, actuala..., pero claro, se non a entendes paréceme un pouco complicada de seguir. + Que obra che gustaría representar nun futuro? - Probablemente Electra ou Medea, gústanme moito.  + Tes algunha curiosidade sobre a obra? - Pois non, a verdade. Todo moi normal jajaja.
Quedamos todos encantados coas obras e co bos que eran os actores!





 Texto: Beatriz Rodríguez, 1° BACH F
Fotos: Clara Barreiros 1º BACH F 


Ningún comentario:

Publicar un comentario