Iria estívonos a
falar do seu libro Xa non estou aquí. Explicounos que os
“Murnios” tiñan unha apariencia de punks, aínda que a maioría
da xente que o lia imaxinábaos góticos. Os Murnios son os
protagonistas da novela.
A autora deunos unha
ficha cos datos e fotos das persoas desaparecidas e tiñamos que
dicir o que criamos que lles pasara.
Para terminar, ella
deixounos que lle fixeramos preguntas, as cales contestou con moito
agrado.
Foi unha actividade
moi entretido!
Ainara
Rodrígez Adao, 3º ESO A
Jennifer de la Torre de 3º ESO C realizou a seguinte entrevista a autora
Hoxe
imos entrevistar á escritora galega Iria Misa. Esta entrevista
realizouse a través de Instagram.
Moi
boas tardes, Iria
Moi
boas tardes para ti tamén
Ben,
imos comezar coa entrevista. Primeiro de todo, desde cando escribes?
Escribo
dende que rematei a carreira, pero con máis intesidade nos últimos
anos.
Cal
foi o primeiro libro que publicaches?
O
primeiro libro que publiquei foi a novela xuvenil Xa non estou
aquí, coa que gañei o premio Jules Verne de Literatura Xuvenil,
no 2016
Teño
dúas obras publicadas: a que veño de mencionar e a miña segunda
novela xuvenil Segredos no solpor.
Canto
tempo lle adicou a escribir?
Dedícolle
todo o tempo que podo. Case todo en horas de tempo libre.
Escribes
de día ou de noite?
De día,
de noite soño coas historias que estou escribindo ou quero escribir.
Planificas
as historias antes de escribilas ou vas sobre a marcha?
As dúas cousas. Sempre teño un plan inicial, pero as historias
adoitan mudar moito polo camiño.
Algún
dos teus libros está baseado en feitos reais?
Non están baseados en feitos reais, pero todas as historias están,
dalgún xeito, baseadas na vida, xa que reflicten temas que nos
preocupan ou interesan, que todos os humanos vivimos en certa medida.
Cambiaches
algún final despois de escribilo?
De momento non. Todas as miñas historias teñen o seu final
orixinal.
Se
tiveras a oportunidade de ser a protagonista dun dos teus libros, cal
serías?
A verdade? Ningún. Prefiro ser quen escribe e decide a vida os
personaxes, é máis divertida.
Cal
é o teu libro favorito?
Escoller un só libro é moi difícil. Vou dicir o meu favorito de
cando eu era nena: El pequeño vampiro
E o teu autor favorito?
Pásame o mesmo, é moi difícil escoller! Vou dicir Virgina Woolf,
pero teño moitas!
E por último, do un ao dez, canto lle dás a entrevista?
A entrevista de dez. Graciñas e unha aperta



Ningún comentario:
Publicar un comentario