O 13 de xaneiro de 2018, os alumnos de 2º de Bacharelato, Brais Gerpe, Javier Pérez, Julián Puente e Alberto Prol, acompañados dos profesores Mª José Pérez e José M. Puente, desprazáronse ata a Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo para participar na fase galega da Olimpiada de Bioloxía. Dito evento está organizado pola sección galega do Colexio Oficial de Biólogos (COB) en colaboración coas Facultades de Bioloxía das 3 universidades galegas, que se alternan como sede da Olimpiada. A proba constaba de unha parte teórica consistente en 85 cuestións tipo test que versaban sobre distintas áreas de coñecemento da Bioloxía, e unha parte práctica que constaba de 4 probas: un problema de Xenética, unhas cuestións de Fisioloxía relacionadas coa resposta dun organismo a variacións hormonais, unha identificación dunha planta (coa axuda dunha clave dicotómica) e o estudio sobre diversas características de cunchas de moluscos (tamén coa axuda de claves).
Javier Pérez (primeiro pola esquerda), xunto cos outros dous gañadores da fase galega
O noso alumno Javier foi un dos 3 gañadores da fase galega da Olimpiada e polo tanto sería un dos representantes de Galicia na fase nacional que se celebraría en Badajoz entre o 12 e o 15 de abril.
Nesas datas, xunto cos outros compañeiros gañadores, Javier desprazouse a Badajoz para participar na fase nacional da Olimpiada de Bioloxía, que ten un formato idéntico a galega
As probas teórica e práctica realizáronse durante as mañas do venres e do sábado. Polas tardes tiñan visitas a distintos puntos da comunidade extremeña. Na noite o sábado, tivo lugar unha cea de confraternidade na que os participantes aportaban algúns produtos típicos da súa terra (Javier levou unha bica).
O domingo celebrouse a entrega de premios e a continuación tocaba a volta a casa.
Javier non foi dos gañadores da fase nacional que representan ó país en dous certames internacionais. Pero gañou algo moi importante: unha experiencia vital irrepetible e a posibilidade de facer amizade con rapaces de outros puntos do país. Esas foron a súas palabras.
E o ano que ven verémonos na Coruña.
Os participantes da olimpiada nacional momentos antes da cea
José Manuel Puente Novoa.
José Manuel Puente Novoa.
Profesor Bioloxía e Xeoloxía IES Otero Pedrayo


Ningún comentario:
Publicar un comentario