O luns día 14 os alumnos e alumnas de bacharelato gozamos dunha xornada
musical co grupo coruñés ezetaerre. É un grupo de rap combativo e
en galego formado por Garchu, o Pirola e Petrowski (alcumes asignados por eles
mesmos).
A súa andaina comezou na facultade de comunicación audiovisual. O seu disco
Aspiracións mínimas e urxentes e as súas cancións A herdanza do vento,
Non e verán de Estrella Damm e A insurrección son os máis
significativos.
A visita do grupo consistiu nunha primeira xornada de preguntas divididas
en bloques:
bloque 1. introdución
· De onde ven o nome do grupo?
· Dous dos compoñentes do grupo vivían
xuntos nun piso pequeno ó que chamaban “ zulo” e como eles son moi
“rojos” deu o nome de el zulo rojo, ezetaerre .
· Sempre falastes galego? É a vosa
lingua materna?
· “Agora sempre falamos en galego pero
cando eramos máis novos adoitábamos usar o castelán.”
bloque 2. música xeral
· Que máis grupos de rap galego nos recomendariades
escoitar?
· “Sería difícil escoller un xa que hai
moitísimos grupos con diferentes temáticas, para nós os mellores son Rebelión
no inframundo e Son da rúa “
· Quen é o voso referente musical?
· “Non temos un referente fixo aínda que
nos gusta Shakira! “
bloque 3. música concreta
· Cal é o concerto mais grande que destes?
e no que mellor o pasásedes?
· “ O máis grande sen dúbida foi en
Barcelona, xa que era un festival ó que asistían moitísimos grupos de rap. No
que mellor o pasamos foi nun dos primeiros concertos na Coruña.”
· Cal é a canción que máis vos gusta de
tódalas que compuxestes?
· Cada un ten a súa, a Garchu gústalle Que
facer, Petrovski a Insurrección e ó Pirola Non é verán de
Estrella Damm.
bloque 4. protección, influencia e futuro
· Que aspiracións tendes?
· “Non temos ningunha aspiración,
simplemente facemos música porque nos gusta.”
· Como credes que inflúe a vosa música
entre a mocidade?
· “Pensamos que inflúe de maneira
positiva, damos pé a reflexionar sobre o día a día e loitar contra as
desigualdades e inxurias sociais. “
· Notades máis apoio fóra de Galiza ca aquí?
Como recibe a xente a musica en galego?
· “ Non, non notamos máis apoio fóra de
Galiza pero as nosas cancións sempre son ben recibidas. Ó principio resulta
raro escoitar as letras nunha lingua que non é a propia pero sempre acaba
gustando a xente. “
Unha vez rematada a entrevista, os artistas deleitáronnos coa súa nova canción “ Esmorga inferno”
Clara Barreiros Forneiro

Ningún comentario:
Publicar un comentario